POR QUE É IMPORTANTE MR. GOODFISH?

As reservas de peixe e doutros animais mariños non son ilimitadas. Moitos son vítimas da sobrepesca.
Seguindo os consellos de Mr. Goodfish descubrirás novas e deliciosas especies, diversificarás os teus pratos e gozarás comendo peixe de tempada. E de igual modo estarás reducindo o impacto sobre as reservas ameazadas.
A QUEN LLE INTERESA MR. GOODFISH?
> A calquera que goce comendo peixe en casa ou no restaurante.
> Ás peixerías e aos restauradores que compran peixe
QUEN É MR. GOODFISH?
Mr. Goodfish é o nome dunha campaña que promove o consumo sostible de produtos mariños, presentada por tres acuarios baixo o amparo da Rede Mundial de Océanos: Nausicaa-Centre da Mer, en Francia, o Acquario dei Genoa, en Italia e o Aquarium Finisterrae en España. En conxunto, atraen a máis de dous millóns e medio de visitantes cada ano.
Ademais dos patrocinadores da campaña en xeral (Planete de Mer e IUCN), moitos dos colaboradores destas institucións tanto a nivel rexional como nacional adheríronse á campaña Mr. Goodfish, tal é o caso do Lonxa da Coruña e Pescaldía (empresas pesqueiras) en España, peixerías e cadeas de venda polo miúdo por suposto restaurantes posuidores de estrelas Michelín... Todos eles colaboran para intentar cubrir na súa totalidade a cadea de custodia que vai do mar (ou do criadeiro) ata o prato.
TRABALLANDO XUNTOS PARA QUE O DÍA DE MAÑÁ AÍNDA QUEDEN PEIXES NO MAR
QUE TEN QUE CONTARNOS MR. GOODFISH?
Mr. Goodfish exponnos un achegamento positivo único. Non nos prohibe, senón que nos recomenda aqueles produtos do mar cuxas reservas non están ameazadas e que se poden comprar e gozar “sen moderación” e sen pór en risco a súa continuidade.
Estas especies elíxenas catro veces ao ano, segundo a estación, un Comité de expertos que inclúe a un representante da industria pesqueira, a un científico, a un membro do sector comercial e a un científico da Rede Mundial de Océanos.
> Se fas click aquí atoparás:
As especies recomendadas para cada época do ano por cada un dos membros, con fotografías e receitas.
Especies novas coas que poderás variar o teu menú, así como receitas sinxelas elaboradas por cociñeiros famosos.
programa de Mr. Goodfish Apoia o noso plan de acción uniéndote o programa Mr. Goodfish

